Ola amigas e amigos:
Vou crear un artigo no que apareza ese VÍDEO que tanto me gustou sobre a actividade de ir limpar as praias de plantas invasoras. Xa sei que xa está na revista dixital do Emilia Pardo Bazán, pero... así téñoo máis á man. Lembrarvos que é a partir do minuto 6'
E de paso, poño un dos debuxos que me fixestes cando me contastes o que fixerades no verán.
Benvidos ao Club dos AMIGOS DE FEIRÁN
Wednesday, 12 February 2014
Thursday, 11 April 2013
AS MIÑAS COUSAS
Ola, rapazas e rapaces!
Xa me dixeron que estades escoitando cancións da música tradicional galega na vosa megafonía de entradas e saídas do colexio.Como, ao parecer, estes días estades oíndo a canción "As miñas cousas"; pensei que vos podían gustar os vídeos que atopei onde cantan esta canción tan animada. Que vos parecen?
Sigo buscando, a ver se encontro algunha versión máis.
Vós podedes recomendarme as cancións que vos gusten, que a min encántame a música!
Biquiños para todos,
Feirán

Thursday, 21 February 2013
Ola, amigas e amigos!!!
Graciñas polas vosas respostas á miña pregunta sobre a cascarilla; aprendín moito con elas.
Vexo que hai grandes investigadores no Emilia e que facedes uns "informes" moi completos!
De feito, estou escaneando os que máis me chamaron a atención para poñelos no noso blog.
Despois de tanta axuda, eu tamén quero enviarvos algo:
Entereime de que mañá ides celebrar
o día de Rosalía de Castro
nos colexios de Galicia e...,
como escoitei que no Emilia ides ler o poema "Aires, airiños, aires" do libro de Cantares Gallegos;
quería compartir con vós este vídeo tan bonito no que unha estupenda actriz recita/dramatiza este poema tan famoso:
Seguro que vós tamén o facedes xenial mañá na megafonía! Xa me contaredes!
Agardo as vosas novas.
Unha aperta,

Wednesday, 16 January 2013
CASCARILLEIROS?
Feliz Ano Novo, a todas e todos!!!
Nas vacacións de Nadal non puiden conectarme moito, pero acabo de abrir a vosa páxina do colexio e xa vin algo sobre os cascarilleiros. Aínda non me chegaron as vosas respostas, pero xa escoitei a canción que lles adican. É sobre Coruña, non si?Esta parece unha canción moi popular na vosa cidade; xa que , polo que vin en Internet, aí cántana desde os cantantes profesionais ...
... ata MESMO OS GATOS DA RÚA!!!!
NON DOU CRETO!!!
PARECE INCRIBLE!!!
Sunday, 9 December 2012
CONCELLO DE CEA
Curioso o do pobo de Cea, tan pequeno e tan importante grazas ao pan que fan alí e ao mosteiro de Oseira que queda no mesmo concello.
Teño que facer como Elisa de 3ºA e cando vaia a Galicia irei mercar pan, a ver se tamén coñezo a algunha das rapazas que cantaban no vídeo.
Por certo, algo que me sorprendeu foi o de que a Coruña podería saber a chocolate con churros de Bonilla a la Vista. Ummmm, que ben me sabe o chocolate!!! Tamén terei que probalo.
E a historia da cascarilla, vaias cousas que aprendo con vós!!!! MOITAS GRAZAS :)
Ahhh!!! non olvidedes poñer os nomes aos vosos traballos. Un destes debuxos, que tanto me gustou, non sei de quen é :(
Tuesday, 2 October 2012
A QUE SABE A LINGUA?
Ola rapaces!
Este video si que mola! Eu non sabía que o galego se podía comer e que sabe a pan!
Non vos é conto!. Estou falando moi en serio, ou polo menos así o din os nenos de Cea.
Non sei se saberedes onde é o concello de Cea e por que a lingua sabe a pan alí. Por favor, podédesme mandar algunha información sobre ese lugar e por que é famoso?
Outra cousa! Se fixerades vós a canción na Coruña, a que sabería a lingua? e... por que?
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Monday, 24 September 2012
Ola amigos,
Outra vez eiquí!. Que tal as vosas vacacións?. As miñas estupendas. Estiven pasando uns días na vosa terra e realmente estou abraiado da fermosura da vosa língua.
Como resumo dalgunhas das máis fermosas palabras que aprendín, tedes eiquí unha presentación que fixen para vós. Espero que vos guste.Biquiños.
Subscribe to:
Posts (Atom)