Benvidos ao Club dos AMIGOS DE FEIRÁN

Saturday, 22 February 2014

Músicas e instrumentos preferidos

Xa podedes imaxinar que quedei sorprendido coas vosas respostas sobre o voso instrumento preferido, se estudiades música e cal é a que máis vos gusta. Lin respostas para todos os gustos, pero esta forma na que me escribiu Rosario, empregando pentagramas de cores deixoume fascinado.


A frauta, o piano, a batería, o violín, trompetas, o fagot, a trompa, a pandeireta, a guitarra.....  e ata a gaita, que xa vin que non é como a de Escocia. Que interesante!

Nos tipos de música: o rock, o pop, a música clásica, a muiñeira,.... canta variedade!!!

E tamén me gustaría ter ido a aquel concerto que me dixestes algúns onde había unha banda de música e xente tocando instrumentos de percusión.

Cando vaia a Galicia terei que aprender máis sobre a música de aí e vós.... se vides a Irlanda non vos perdades a de aquí que tamén é moi divertida e bonita!!


                                                   



Wednesday, 12 February 2014

Plantas invasoras

Ola amigas e amigos:

Vou crear un artigo no que apareza ese VÍDEO que tanto me gustou sobre a actividade de ir limpar as praias de plantas invasoras. Xa sei que xa está na revista dixital do Emilia Pardo Bazán, pero... así téñoo máis á man. Lembrarvos que é a partir do minuto 6'

E de paso, poño un dos debuxos que me fixestes cando me contastes o que fixerades no verán.


Thursday, 11 April 2013

AS MIÑAS COUSAS

Ola, rapazas e rapaces!

Xa  me dixeron que  estades  escoitando cancións da música tradicional galega na vosa megafonía de entradas e saídas do colexio.Como, ao parecer, estes días estades oíndo a canción "As  miñas  cousas";   pensei que vos podían gustar os vídeos que atopei  onde cantan esta canción tan animada. Que vos parecen?






Sigo buscando, a ver se encontro  algunha versión  máis.

Vós podedes recomendarme as cancións que vos gusten, que a min encántame a música!

Biquiños para todos,

Feirán

Thursday, 21 February 2013

Ola, amigas  e  amigos!!!

Graciñas polas  vosas  respostas  á  miña  pregunta sobre a cascarilla; aprendín moito con elas. 

 Vexo que hai  grandes  investigadores no Emilia e  que  facedes  uns  "informes"  moi  completos!
 De feito, estou  escaneando os que máis  me  chamaron a atención para poñelos  no  noso blog.

  Despois  de  tanta  axuda, eu  tamén  quero  enviarvos  algo: 

Entereime de que mañá  ides  celebrar

o día de Rosalía de Castro 

nos colexios de Galicia  e..., 

 como  escoitei  que  no  Emilia  ides  ler  o  poema  "Aires, airiños, aires"  do  libro de Cantares Gallegos;

quería  compartir con vós este vídeo tan  bonito  no  que  unha  estupenda actriz  recita/dramatiza  este  poema tan famoso:


Seguro que vós  tamén  o  facedes  xenial  mañá  na  megafonía!   Xa  me  contaredes! 
 Agardo as vosas  novas.

  Unha  aperta,

     Feirán

Wednesday, 16 January 2013

CASCARILLEIROS?

Feliz  Ano  Novo,  a  todas  e  todos!!!
Nas  vacacións de Nadal non puiden  conectarme  moito,  pero  acabo  de  abrir  a  vosa  páxina  do  colexio  e  xa  vin  algo  sobre  os  cascarilleiros. Aínda  non  me  chegaron  as  vosas  respostas, pero  xa  escoitei  a  canción  que  lles  adican.  É  sobre  Coruña, non si?
Esta  parece  unha  canción  moi  popular  na  vosa  cidade; xa que ,  polo  que  vin  en  Internet, aí  cántana desde os cantantes profesionais ... 

... ata MESMO  OS  GATOS  DA  RÚA!!!!

  NON  DOU  CRETO!!!
     PARECE  INCRIBLE!!!

Sunday, 9 December 2012

CONCELLO DE CEA


Curioso o do pobo de Cea, tan pequeno e tan importante grazas ao pan que fan alí e ao mosteiro de Oseira que queda no mesmo concello.
Teño que facer como Elisa de 3ºA e cando vaia a Galicia irei mercar pan, a ver se tamén coñezo a algunha das rapazas que cantaban no vídeo.
Por certo, algo que me sorprendeu foi o de que a Coruña podería saber a chocolate con churros de Bonilla a la Vista. Ummmm, que ben me sabe o chocolate!!!  Tamén terei que probalo.
E a historia da cascarilla, vaias cousas que aprendo con vós!!!!   MOITAS GRAZAS :)
Ahhh!!! non olvidedes poñer os nomes aos vosos traballos. Un destes debuxos, que tanto me gustou, non sei de quen é :(

Tuesday, 2 October 2012

A QUE SABE A LINGUA?

Ola rapaces!

Este video si que mola!  Eu non sabía que o galego se podía comer  e  que  sabe a pan!
Non vos  é conto!. Estou falando moi en serio, ou polo menos así o din os nenos de  Cea.

Non sei se saberedes onde é o  concello de Cea e por que a lingua sabe a pan alí. Por favor, podédesme  mandar  algunha  información  sobre  ese  lugar  e  por  que  é  famoso?

Outra cousa!  Se  fixerades  vós  a  canción  na  Coruña,  a  que  sabería  a  lingua? e...  por que?




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Monday, 24 September 2012

Ola amigos,
Outra vez eiquí!. Que tal as vosas vacacións?. As miñas estupendas. Estiven pasando uns días na vosa terra e realmente estou abraiado da fermosura da vosa língua.
Como resumo dalgunhas das máis fermosas palabras que aprendín, tedes eiquí unha presentación que fixen para vós. Espero que vos guste.Biquiños.

 

Sunday, 15 April 2012

VALENTÍN PAZ-ANDRADE

Ola,  amigas  e  amigos!

Acabo  de  atopar  un  vídeo  estupendo  que  fixeron  os  nenos  do  C.P.I. DOS DICES  de Rois  sobre  o  autor  a  quen  lle  adicades  este  ano  o  día  das  letras  galegas: Valentín  Paz-Andrade.

Se queredes  velo,  picade no nome deste  prestixioso e polifacético escritor.


A  que  é  un  traballo  moi  orixinal  e  creativo!?

Gracias a el,  eu  aprendín  moitas  cousas  do  voso  homenaxeado deste ano.
 Espero que vos guste  tanto  como me gustou a min.

Un  saúdiño,

Feirán.

Wednesday, 21 March 2012

ENTROIDO OLÍMPICO

Xa vexo que son moitos os deportes que practicades aí na Coruña. Gracias a vós aprendín moitas cousas sobre diferentes deportes como o atletismo, a natación, o balonmán, o fútbol, o tenis, a esgrima,.... e moitos máis. Deixovos como exemplo unha parte dalgunha das vosas explicacións, aínda que teño moooooitas máis.


Sunday, 13 February 2011

Mirade que traballos máis vistosos me enviaron!!!

Pablo Rey, de 3º, mandoume  un  traballo impresionante sobre os cantos de Reis que  incluia unha portada moi vistosa, unha  detallada  explicación do que son  os cantos de reis e un anexo con varios exemplos de cantos tradicionais: unha obra moi completa!


Pero tamén  recibín  outros  traballos e postais  moi  ben  presentados, como estes:
Xa  me  tarda  ver  as    respostas  á  terceira  pregunta!!!

Wednesday, 2 February 2011

Mirade que grandes artistas temos no noso club!

 Unhas amigas do noso club fixéronme estes  retratos  tan  bonitos .

 A que  son  estupendos!?

Tanto  Sandra (de terceiro) como Nuo (de sexto) son  unhas  artistas  con  moito  talento, cada unha no seu estilo.
 
Moitas  gracias  ás  dúas  por compartir  connosco  a  vosa  arte.
 
                      Biquiños,

                       Feirán.

Friday, 14 January 2011

PRESENTACIÓN DE FEIRÁN

Lembrades  cómo  comezou o noso club? Aquí temos  un pequeno vídeo para lembrar  a nosa presentación.

BENVIDA

Ola, mozas e mozos!!!
Como cada día temos máis amigos no club, pensei en  facer  este  blog  para  poder  publicar   os  preciosos  traballos  que  me  estades  enviando. Entre  todos  podemos  descubrir  moitas  cousas  interesantes  e  aumentar  o  tamaño  do  noso  club. Xa  somos  máis  de  200 membros!!
Espero  seguir  contando  coa   vosa  axuda  para  mellorar  o  meu  galego  e  para  coñecer  máis  cousas  sobre  a  vosa  Terra.
Biquiños para todas  e  todos,
Feirán.