Benvidos ao Club dos AMIGOS DE FEIRÁN

Saturday, 22 February 2014

Músicas e instrumentos preferidos

Xa podedes imaxinar que quedei sorprendido coas vosas respostas sobre o voso instrumento preferido, se estudiades música e cal é a que máis vos gusta. Lin respostas para todos os gustos, pero esta forma na que me escribiu Rosario, empregando pentagramas de cores deixoume fascinado.


A frauta, o piano, a batería, o violín, trompetas, o fagot, a trompa, a pandeireta, a guitarra.....  e ata a gaita, que xa vin que non é como a de Escocia. Que interesante!

Nos tipos de música: o rock, o pop, a música clásica, a muiñeira,.... canta variedade!!!

E tamén me gustaría ter ido a aquel concerto que me dixestes algúns onde había unha banda de música e xente tocando instrumentos de percusión.

Cando vaia a Galicia terei que aprender máis sobre a música de aí e vós.... se vides a Irlanda non vos perdades a de aquí que tamén é moi divertida e bonita!!


                                                   



Wednesday, 12 February 2014

Plantas invasoras

Ola amigas e amigos:

Vou crear un artigo no que apareza ese VÍDEO que tanto me gustou sobre a actividade de ir limpar as praias de plantas invasoras. Xa sei que xa está na revista dixital do Emilia Pardo Bazán, pero... así téñoo máis á man. Lembrarvos que é a partir do minuto 6'

E de paso, poño un dos debuxos que me fixestes cando me contastes o que fixerades no verán.