Graciñas polas vosas respostas á miña pregunta sobre a cascarilla; aprendín moito con elas.
Vexo que hai grandes investigadores no Emilia e que facedes uns "informes" moi completos!
De feito, estou escaneando os que máis me chamaron a atención para poñelos no noso blog.
Despois de tanta axuda, eu tamén quero enviarvos algo:
Entereime de que mañá ides celebrar
o día de Rosalía de Castro
nos colexios de Galicia e...,
como escoitei que no Emilia ides ler o poema "Aires, airiños, aires" do libro de Cantares Gallegos;
quería compartir con vós este vídeo tan bonito no que unha estupenda actriz recita/dramatiza este poema tan famoso:
Seguro que vós tamén o facedes xenial mañá na megafonía! Xa me contaredes!
Agardo as vosas novas.
Unha aperta,
Feirán