Benvidos ao Club dos AMIGOS DE FEIRÁN

Saturday, 22 February 2014

Músicas e instrumentos preferidos

Xa podedes imaxinar que quedei sorprendido coas vosas respostas sobre o voso instrumento preferido, se estudiades música e cal é a que máis vos gusta. Lin respostas para todos os gustos, pero esta forma na que me escribiu Rosario, empregando pentagramas de cores deixoume fascinado.


A frauta, o piano, a batería, o violín, trompetas, o fagot, a trompa, a pandeireta, a guitarra.....  e ata a gaita, que xa vin que non é como a de Escocia. Que interesante!

Nos tipos de música: o rock, o pop, a música clásica, a muiñeira,.... canta variedade!!!

E tamén me gustaría ter ido a aquel concerto que me dixestes algúns onde había unha banda de música e xente tocando instrumentos de percusión.

Cando vaia a Galicia terei que aprender máis sobre a música de aí e vós.... se vides a Irlanda non vos perdades a de aquí que tamén é moi divertida e bonita!!


                                                   



Wednesday, 12 February 2014

Plantas invasoras

Ola amigas e amigos:

Vou crear un artigo no que apareza ese VÍDEO que tanto me gustou sobre a actividade de ir limpar as praias de plantas invasoras. Xa sei que xa está na revista dixital do Emilia Pardo Bazán, pero... así téñoo máis á man. Lembrarvos que é a partir do minuto 6'

E de paso, poño un dos debuxos que me fixestes cando me contastes o que fixerades no verán.


Thursday, 11 April 2013

AS MIÑAS COUSAS

Ola, rapazas e rapaces!

Xa  me dixeron que  estades  escoitando cancións da música tradicional galega na vosa megafonía de entradas e saídas do colexio.Como, ao parecer, estes días estades oíndo a canción "As  miñas  cousas";   pensei que vos podían gustar os vídeos que atopei  onde cantan esta canción tan animada. Que vos parecen?






Sigo buscando, a ver se encontro  algunha versión  máis.

Vós podedes recomendarme as cancións que vos gusten, que a min encántame a música!

Biquiños para todos,

Feirán

Thursday, 21 February 2013

Ola, amigas  e  amigos!!!

Graciñas polas  vosas  respostas  á  miña  pregunta sobre a cascarilla; aprendín moito con elas. 

 Vexo que hai  grandes  investigadores no Emilia e  que  facedes  uns  "informes"  moi  completos!
 De feito, estou  escaneando os que máis  me  chamaron a atención para poñelos  no  noso blog.

  Despois  de  tanta  axuda, eu  tamén  quero  enviarvos  algo: 

Entereime de que mañá  ides  celebrar

o día de Rosalía de Castro 

nos colexios de Galicia  e..., 

 como  escoitei  que  no  Emilia  ides  ler  o  poema  "Aires, airiños, aires"  do  libro de Cantares Gallegos;

quería  compartir con vós este vídeo tan  bonito  no  que  unha  estupenda actriz  recita/dramatiza  este  poema tan famoso:


Seguro que vós  tamén  o  facedes  xenial  mañá  na  megafonía!   Xa  me  contaredes! 
 Agardo as vosas  novas.

  Unha  aperta,

     Feirán

Wednesday, 16 January 2013

CASCARILLEIROS?

Feliz  Ano  Novo,  a  todas  e  todos!!!
Nas  vacacións de Nadal non puiden  conectarme  moito,  pero  acabo  de  abrir  a  vosa  páxina  do  colexio  e  xa  vin  algo  sobre  os  cascarilleiros. Aínda  non  me  chegaron  as  vosas  respostas, pero  xa  escoitei  a  canción  que  lles  adican.  É  sobre  Coruña, non si?
Esta  parece  unha  canción  moi  popular  na  vosa  cidade; xa que ,  polo  que  vin  en  Internet, aí  cántana desde os cantantes profesionais ... 

... ata MESMO  OS  GATOS  DA  RÚA!!!!

  NON  DOU  CRETO!!!
     PARECE  INCRIBLE!!!

Sunday, 9 December 2012

CONCELLO DE CEA


Curioso o do pobo de Cea, tan pequeno e tan importante grazas ao pan que fan alí e ao mosteiro de Oseira que queda no mesmo concello.
Teño que facer como Elisa de 3ºA e cando vaia a Galicia irei mercar pan, a ver se tamén coñezo a algunha das rapazas que cantaban no vídeo.
Por certo, algo que me sorprendeu foi o de que a Coruña podería saber a chocolate con churros de Bonilla a la Vista. Ummmm, que ben me sabe o chocolate!!!  Tamén terei que probalo.
E a historia da cascarilla, vaias cousas que aprendo con vós!!!!   MOITAS GRAZAS :)
Ahhh!!! non olvidedes poñer os nomes aos vosos traballos. Un destes debuxos, que tanto me gustou, non sei de quen é :(

Tuesday, 2 October 2012

A QUE SABE A LINGUA?

Ola rapaces!

Este video si que mola!  Eu non sabía que o galego se podía comer  e  que  sabe a pan!
Non vos  é conto!. Estou falando moi en serio, ou polo menos así o din os nenos de  Cea.

Non sei se saberedes onde é o  concello de Cea e por que a lingua sabe a pan alí. Por favor, podédesme  mandar  algunha  información  sobre  ese  lugar  e  por  que  é  famoso?

Outra cousa!  Se  fixerades  vós  a  canción  na  Coruña,  a  que  sabería  a  lingua? e...  por que?




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.